血红蛋白浓度是什么意思| 头孢是什么| 李小龙是什么生肖| 龘读什么| 小孩子发烧是什么原因引起的| 虫咬性皮炎用什么药| 喆读什么| 庆字五行属什么| 做tct检查前要注意什么| 无机磷偏低有什么影响| 133是什么意思| 眼睛肿了是什么原因| 胸片可以检查出什么| 血沉高是什么原因| 低血钾吃什么补上来的快| 茜是什么意思| 吃什么药通气放屁最快| 右肾钙化灶是什么意思| 985代表什么意思| 什么邮票最值钱| 初代是什么意思| 肺部结节挂什么科| 什么是飞秒手术| 春秋是什么时期| 耳朵流血是什么原因| 看到壁虎是什么征兆| 狮子男和什么星座最配| 菊花像什么| 4090是什么意思| 榴莲树长什么样子图片| hpv是什么病毒| 狗为什么喜欢吃人屎| 带状疱疹后遗神经痛挂什么科| 肺炎可以吃什么水果| 风平浪静是什么生肖| 动脉导管未闭对宝宝有什么影响| 小白龙叫什么名字| 宝宝流鼻血是什么原因| 老放臭屁是什么原因| 虫草花有什么功效和作用| rr过低是什么意思| esd是什么意思| 心智不成熟是什么意思| 摩羯座哭了代表什么| 系鞋带什么意思| cos是什么牌子| 钦字五行属什么| 股票五行属什么| 七月有什么节日| 什么药止痒效果最好| 血友病是什么| 吃什么受孕率又快又高| 次日什么意思| laura是什么意思| 经常吃海带有什么好处和坏处| 男性乳头疼是什么原因| 鹰的天敌是什么动物| 超脱是什么意思| 妨子痣是什么意思| 胃酸吃什么能缓解| 憨笑是什么意思| 痱子是什么| 保险子是什么| 腿疼是什么原因| 舌头溃疡用什么药| 什么是黄油| 秀禾服是什么意思| 为什么睡久了会头疼| b超是什么| 外籍是什么意思| 韩束属于什么档次| 天降横财什么意思| 小孩发烧可以吃什么水果| 起夜是什么意思| 痔疮便血吃什么药| 千叶豆腐是什么做的| 中度脂肪肝吃什么药| 什么海没有边| 得宫颈癌的前兆是什么| 什么药不能一起吃| 临界是什么意思| 玫瑰疹是什么病| 阵雨是什么意思| 什么的睡觉| 朴实无华是什么意思| 霍霍人什么意思| 生存是什么意思| 太乙是什么意思| 脚发烫是什么原因| 卵泡破裂有什么症状| 脂肪瘤长什么样| 什么是脱肛| 为什么叫老鸨| 7到9点是什么时辰| 一什么星星| 关节炎看什么科| 什么行业赚钱| 营养过剩会导致什么| 什么是有机奶粉| 白头发吃什么维生素能变黑| 享受低保需要什么条件| 李世民的字是什么| swan什么意思| 甲状腺结节低回声什么意思| 骶管小囊肿是什么意思| 26岁属什么| 红霉素软膏和眼膏有什么区别| 女主是什么意思| 云是由什么组成的| 呕血是什么意思| 什么是免疫治疗| 退而求其次什么意思| 冷萃是什么意思| 答非所问是什么意思| 骨折什么意思| 哺乳期感冒了能吃什么药| 劲爆是什么意思| 高三吃什么补脑抗疲劳| 枇杷不能和什么一起吃| 行了是什么意思| 脸浮肿是什么病的前兆| golden是什么牌子| 北京大裤衩建筑叫什么| 一见倾心什么意思| 脸书是什么| dic是什么| 被交警开罚单不交有什么后果| 西柚是什么季节的水果| 醋泡花生米有什么功效| 玉树临风是什么生肖| 哈伦裤配什么鞋子好看| 弱视和近视有什么区别| 龙凤胎是什么意思| min是什么意思| 什么水果有助于减肥| 教师节属什么生肖| 鹅蛋有什么营养| 双花是什么中药| 破屋坏垣适合干什么| 什么是ok镜| 省军区司令员是什么级别| 浮想联翩是什么意思| 嗓子中间的那块小肉叫什么| 金牛座女和什么座最配对| 桂圆什么时候成熟| 知鸟吃什么| pigeon是什么意思| 轻度抑郁症吃什么药| 成都什么地方好玩| prep是什么药| 脸发红发烫是什么原因| 引力是什么| dxm是什么药| 险资举牌什么意思| 雷特综合症是什么症状| 儿童肺炎吃什么药| 广东有什么特色美食| 武装部部长是什么级别| 孩子满月送什么礼物| 什么水果最甜| 史莱姆是什么意思| 早上起床想吐是什么原因| 烟酰胺有什么作用| 什么是预防医学| 丁克是什么意思| 少将相当于地方什么级别| 木属于五行属什么| 女人喝白茶有什么好处| 囊肿与肿瘤有什么区别| 什么茶好喝又对身体好| 入幕之宾是什么意思| 佛手瓜什么时候结果| 胸外科是看什么病的| 左胸口疼是什么原因| 头孢呋辛钠主治什么病| 皮肤变白是什么原因| 木冉读什么| 什么是脂肪肝| 冷感冒吃什么药好得快| trx是什么| 卫生巾有什么用| 可乐是什么做的| 脸颊两侧长斑是什么原因怎么调理| 滴虫性阴道炎用什么药| hpv阳性有什么症状| 1990年是什么年| 什么光什么色| 大乌叶是什么茶| 防小人应该佩戴什么| fq交友是什么意思| 南无阿弥陀佛什么意思| 蘑菇不能和什么一起吃| 什么是君子| 脾胃虚弱吃什么药| 尿糖1十是什么意思| 放量十字星是什么意思| 2013属什么生肖| 精子为什么是黄色的| 绿色是什么意思| 忙碌的动物是什么生肖| 宝宝照蓝光有什么副作用| 九月二十三是什么星座| 胃病吃什么药最好| 口臭是什么原因引起的| 樱花是什么样子的| 乳腺囊肿有什么症状| 双子座和什么座最配| 因果报应是什么意思| 菜花炒什么好吃| 618是什么节日| belkin是什么牌子| 易拉罐是什么垃圾| 李子吃多了有什么坏处| 硫酸亚铁是什么颜色| 2月25是什么星座| 黄瓜不能和什么食物一起吃| 老烂腿抹什么药膏最好| 排卵期出血是什么原因引起的| 上火流鼻血吃什么降火| 女生喝红牛有什么影响| 八是什么生肖| 右侧胸膜增厚是什么意思| 支教回来后有什么待遇| 为什么尿是黄的| 神农架为什么是禁区| 女生下面什么样| 白菜是什么颜色| 梦见吃红薯是什么意思| 阿尔兹海默症挂什么科| 6月6什么星座| 夏至吃什么食物| 今天开什么| 高同型半胱氨酸血症是什么病| 精神洁癖是什么意思| 女人贫血吃什么补血最快| 我是小姨的什么人| 颠是什么意思| 胃痛打嗝什么原因| aa是什么| 下面痒是什么原因女性| 这个季节吃什么水果| 76年出生属什么生肖| 减肥吃什么主食比较好| 为什么每次同房后都会尿路感染| 正印代表什么意思| 黄体期出血是什么原因| 阴囊两侧瘙痒是什么原因| 三个六代表什么意思| 低密度脂蛋白高有什么危害| 内蒙古有什么特产| 颞下颌关节炎吃什么药| ccr是什么意思| 海之蓝是什么香型| 梦见女尸是什么预兆| 18岁属什么的生肖| 什么地照着| 37属什么| 吃什么助睡眠| 靶向药有什么副作用| 两个人在一起的意义是什么| 红苕是什么| 酉是什么意思| 出清什么意思| 老放屁吃什么药| 百度Saltar ao contido

东莞有什么厂

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
百度 新时代的中国,经济发展最鲜明的特征,就是已由高速增长阶段转向高质量发展阶段。

Modelo:BiografíaHomero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) ?μηρο? Editar o valor en Wikidata
c. século IX a. C. Editar o valor en Wikidata
valor desco?ecido Editar o valor en Wikidata
Mortec. século VIII a. C. Editar o valor en Wikidata
Ios, Grecia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo grego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura grega Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, autor, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século VIII a. C. Editar o valor en Wikidata)
Xénero artísticoEpopea Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
NaiKretheis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Encyclop?dia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0392955 Allocine: 68960 Allmovie: p310511 TCM: 2853451 Metacritic: person/homer TV.com: people/homer IBDB: 6330
BNE: XX907843 Musicbrainz: ebde00ad-8f53-48bb-a6c8-a5b0d7c01705 Discogs: 706034 Find a Grave: 104368337 Tebeosfera: homero Editar o valor en Wikidata

Homero (en grego antigo ?μηρο? Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas co?ecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos?) e os corpus dos himnos homéricos.

é difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Homero e o seu lazarillo, por William-Adolphe Bouguereau (1874).

O nome Hómēros é unha variante xónica do eólico Homaros. O seu significado é refén, prenda ou garante. Hai unha teoría que sostén que o seu nome provén dunha sociedade de poetas chamados os Homēridai, que literalmente significa ‘fillos de reféns’, é dicir, descendentes de prisioneiros de guerra. Xa que estes homes non eran enviados á guerra ó dubidarse da súa lealdade no campo de batalla, non morrían nel. Polo tanto, confiábaselles a tarefa de recordar a poesía épica local, para lembralos sucesos pasados, nos tempos anteriores á aparición da literatura escrita.

Tamén se suxeriu que o que podería conter o nome Hómeros é un xogo de palabras derivado da expresión ho me horón, que significa o que non ve.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na figura de Homero conflúen realidade e lenda. A tradición sosti?a que Homero era cego, e varios lugares reclamaban ser o seu lugar de nacemento: Quíos, Esmirna, Colofón, Atenas, Argos, Rodas, Salamina, Pilos, Cumas e ítaca.

Datos biográficos recollidos pola tradición

[editar | editar a fonte]

O Himno homérico a Apolo delio menciona ?que é un cego que reside en Quíos, a rochosa?.[n. 1] O poeta lírico Semónides de Amorgos atribúe ó ?home de Quíos? o seguinte verso da Ilíada.

?Por que me preguntas a mi?a li?axe? Como a li?axe das follas son?

Ese verso foi convertido en proverbio na época clásica.[1] Luciano de Samosata di que foi un babilonio enviado a Grecia como refén, (grego antigo ?μηρο?, homêros), e de aí o seu nome.[2]

Pausanias transmite unha tradición dos chipriotas, quen tamén reclamaban para si a Homero:

Din que Temisto, unha muller do lugar, era a súa nai, e que Euclo profetizou o nacemento de Homero nestes versos:
E entón na costeira Chipre existirá un gran cantor,
ó que dará a luz Temisto no campo,[3] divina entre as mulleres,
un cantor moi ilustre lonxe da moi rica Salamina.[4]
Deixando Chipre mollado e levado polas ondas,
Cantando el só o primeiro as glorias da espazosa Hélade
Será inmortal por sempre e non co?ecerá a vellez
Pausanias, Descrición de Grecia x.24.3.

Porén, tamén se conserva o seguinte epigrama, atribuído ó poeta helenístico Alceo de Mesene, no que Homero protesta sobre a súa orixe salaminia, e nega que se erixise unha estatua súa nesta cidade e que o seu pai fose un tal Demágoras:

Nin aínda que o martelo xurdir coma Homero de ouro me fixese entre raios flamexantes de Zeus, son nin serei salaminio nin o fillo de Meles o será de Demágoras; así a Hélade o vexa! Con outro poeta probade; e os meus versos vós os Helenos, Musas e Quíos, cantádeos.[5]

Sobre o lugar onde morreu, existe unha tradición testemu?ada dende o século V a.C. de que se produciu na illa de Ios.

Pausanias recolle esta tradición e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu no Templo de Apolo en Delfos:

Podes ver tamén [no pronao do Templo de Apolo de Delfos] unha estatua de bronce de Homero sobre unha estela e nela lerás o oráculo que din que tivo Homero:
Ditoso e infortunado, pois naciches para cambiar cousas,
Buscas unha patria. Tes unha terra natal, pero non unha patria.
A illa de Ios é a patria da túa nai, que cando morras te recibirá. Pero vixía o enigma: dos novos rapaces.
Pausanias, op. cit.. x. 24.

Ademais sinala que:

Os de Ios ensinan tamén un sepulcro de Homero na illa e noutro lugar un de Clímene, e din que Clímene era a nai de Homero.[6]

E por último, o xeógrafo lidio revela que no lle agrada escribir sobre a época na que viviron Homero e Hesíodo:

Sobre a época de Hesíodo e de Homero indaguei coidadosamente e non me é agradable escribir sobre ela, porque co?ezo o afán de censura doutros, sobre todo dos que no meu tempo se ocupan sobre a composición de poemas épicos.
Pausanias, op. cit. ix.30.3.

Malia que xa na época da Grecia clásica non se co?ecía nada concreto e certo sobre Homero, a partir do período helenístico comezaron a xurdir unha serie de biografías que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos mencionábase que antes de chamarse Homero chamárase Meles, Melesíxenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes sobre os seus antergos.

Existe unha tradición na que se di que a Pitia deu unha resposta ó emperador Hadriano sobre a procedencia de Homero e os seus antergos:

Pregúntasme pola ascendencia e a terra patria dunha inmortal serea. Pola súa residencia é itacense; Telémaco é o seu pai e a nestórea Epicasta a súa nai, a que alumbrou con moito ó varón máis sabio dos mortais.[7]

Investigación moderna

[editar | editar a fonte]

Considérase que a maior parte das biografías de Homero que circularon na antigüidade no conte?en ningún dato seguro sobre o poeta. Porén, adoita admitirse que o seu lugar de procedencia debeu ser a zona colonial xónica de Asia Menor, baseándose nos trazos lingüísticos das súas obras e na forte tradición que o fai proceder da zona.[8] O investigador Joachim Latacz sostén que Homero pertencía ou estaba en permanente contacto coa contorna da nobreza.[9] Tamén persiste o debate sobre se Homero foi unha persoa real ou ben o nome dado a un ou máis poetas orais que cantaban obras épicas tradicionais.

Obras que lle foron atribuídas

[editar | editar a fonte]

Ademais da Ilíada e a Odisea, a Homero atribuíronselle outros poemas, como a épica menor cómica Batracomiomaquia (A guerra das ras e os ratos), o corpus dos himnos homéricos e varias outras obras perdidas ou fragmentarias tales como Marxites. Algúns autores antigos atribuíanlle o ciclo épico completo, que comprende máis poemas sobre a guerra de Troia así como epopeas que narraban a vida de Edipo e guerras entre argivos e tebanos.

Os historiadores modernos, con todo, adoitan estar de acordo en que a Batracomiomaquia, o Marxites, os himnos homéricos e os poemas cíclicos son posteriores á Ilíada e á Odisea.

Imaxe de Homero en Céncreas

[editar | editar a fonte]

Unha pintura do poeta grego Homero sobre un panel do templo de Isis en Céncreas, antigo porto de Corinto,[10] onde o seu rostro reflicte certa severidade, suxeriu que as imaxes bizantinas de Cristo puideron ser ideadas a partir de dita figura, en especial pola similitude da fisonomía facial e tamén en canto á postura do corpo que se representa nas mesmas.[11]

Datación

[editar | editar a fonte]

Testemu?os antigos

[editar | editar a fonte]

A maior parte da tradición sosti?a que Homero fora o primeiro poeta da Antiga Grecia. Heródoto, que cita varias pasaxes da Ilíada e da Odisea, di que Homero viviu catrocentos anos antes que el,[12] o que situaría ao poeta en torno ao século IX a.C. Por outra banda, Helánico de Lesbos dixo que Homero fora contemporáneo da guerra de Troia, e Eratóstenes sosti?a que debeu de vivir un século despois. Outros autores antigos consideraban que Homero era contemporáneo de Licurgo ou de Arquíloco.

Tamén na Antigüedad discutíase acerca da relación cronolóxica entre Homero e Hesíodo. Xenófanes e Filócoro pertencían ao grupo dos autores que situaban a Homero con anterioridade a Hesíodo.[13] O Certame de Homero e Hesíodo,[14] unha obra moi tardía, supo?ía que eran contemporáneos entre si. En cambio, éforo, Lucius Accius[13] e a Crónica de Paros[n. 2] dicían que Hesíodo fora anterior.

Con anterioridade a Heródoto, houbo outros autores que citaron a Homero: Heráclito, Teáxenes de Rexio, Píndaro, Semónides e Xenófanes. Ademais, Heródoto recolle a noticia de que o tirano Clístenes prohibira aos rapsodos competir en Sición por mor dos poemas homéricos, pois estes celebraban continuamente a Argos e aos argivos. Con todo, esta última alusión é posible que se referise ao ciclo tebano e non á Ilíada nin á Odisea.

Redacción dos poemas homéricos no século VIII a.C.

[editar | editar a fonte]
Arriba, o fragmento da inscrición na chamada Copa de Néstor. Abaixo, posible reconstrución do seu contido completo.

A maioría dos historiadores sitúa a figura de Homero no século VIII a.C., aínda que hai controversia acerca da data na que os seus poemas puxéronse por escrito. O achado dunha inscrición relacionada cunha pasaxe da Ilíada nunha vaixela de Isquia co?ecida como a Copa de Néstor, datada cara ao ano 720 a. C., foi interpretada por algúns investigadores, entre eles Joachim Latacz, como un claro indicio de que naquela época a obra de Homero xa fora consignada por escrito. Con todo, outros autores, como Alfred Heubeck[15] e Carlo Odo Pavese, negan que desa inscrición poida extraerse tal conclusión. Algúns fragmentos de cerámica do século VII a.C. que representan un ciclope cegado por Odiseo adoitan interpretarse como influídos directamente pola Odisea. Hai outras obras de poesía arcaica que foron interpretadas como influídas por Homero, como un poema de Alceo de Mitilene que alude á cólera de Aquiles e un poema de Estesícoro no que Helena diríxese a Telémaco para anunciarlle que Atenea dispuxo o seu regreso.

Redacción dos poemas homéricos no século VII a.C.

[editar | editar a fonte]

Algúns investigadores defenden que os poemas homéricos foron postos por escrito no século VII a.C. Argúen que da referencia que hai na Ilíada á cidade de Tebas de Exipto dedúcese que esta pasaxe foi escrita tras a conquista desta cidade polo rei asirio Assurbanipal. Ademais, algunhas pasaxes parecen referirse a tácticas hoplitas que se cre que tiveron a súa orixe nese século. Tamén se cita como indicio a referencia na Odisea á cidade de Ismaro,[16] que estaba de actualidade no século VII a.C. Non cren que a redacción dos poemas fose posterior, porque consideran que hai suficientes referencias iconográficas e literarias para soster que antes do século VI a.C. xa se co?ecían os poemas homéricos por escrito.[17]

Redacción dos poemas homéricos no século VI a.C.

[editar | editar a fonte]

Hai unha corrente de investigadores que sostén, en cambio, a hipótese de que os poemas homéricos puxéronse por escrito a partir do século VI a.C. Cren que as coincidencias de temas entre os poemas homéricos e outros fragmentos literarios ou iconográficos anteriores só indican que ambos beberon das mesmas fontes orais.

Ademais, hai algúns testemu?os antigos, como unha pasaxe de Flavio Xosefo, que defendían que Homero non deixara escritos.[18] Xa a finais do século XVIII, algúns historiadores como Friedrich August Wolf consideraban que a primeira redacción escrita dos poemas homéricos fora na época de Pisístrato, tirano de Atenas. Esta idea foi tamén defendida no século XX por outros investigadores como Reinhold Merkelbach,[19] que tamén situaron a primeira redacción escrita dos poemas homéricos no século VI a.C. Esta postura é criticada polos defensores da redacción escrita dos poemas no século VIII a.C., debido a que cren que supón confundir a composición escrita dos poemas coa manipulación que sufriron ao ser postos por escrito na época de Pisístrato. En contra das teses de Wolf xa se manifestou Ulrich von Wilamowitz, nun estudo realizado en 1884, no que sinalaba que a versión atenense dos poemas homéricos impúxose ás demais.

A cuestión homérica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cuestión homérica.

Denomínase cuestión homérica a unha serie de incógnitas expostas ao redor dos poemas homéricos. Dous dos interrogantes máis debatidos son quen ou quen foron os seus autores e de que modo foron elaborados.

Os investigadores están xeralmente de acordo en que a Ilíada e a Odisea sufriron un proceso de fixación e refinamento a partir de material máis antigo no século VIII a.C. Un papel importante nesta fixación parece que correspondeu ao tirano ateniense Hiparco, quen reformou a recitación da poesía homérica na festividade Panatenea. Moitos clasicistas soste?en que esta reforma implicou a confección dunha versión canónica escrita.

Controversia ao redor da unidade dos poemas

[editar | editar a fonte]

Na Antigüidade, durante o período helenístico, os filólogos alexandrinos Xenón e Helánico chegaron á conclusión, a partir das diferenzas e contradicións de todo tipo que acharon entre a Ilíada e a Odisea, de que só a primeira destas epopeas foi composta por Homero, polo que foron chamados ?corizontes? ou ?separadores?. A súa opinión foi rexeitada por outros filólogos alexandrinos como Aristarco de Samotracia, Zenódoto de éfeso e Aristófanes de Bizancio.[20]

En época moderna, a filoloxía homérica mantivo diferentes puntos de vista que se agruparon en distintas tendencias ou escolas:

A escola analítica ha tratado de demostrar a falta de unidade existente nos poemas homéricos. Foi iniciada polo abade Fran?ois Hédelin[21] na súa obra póstuma Conxecturas académicas, publicada en 1715, e, sobre todo, a partir da obra Prolegomena ad Homerum (1795), de Friedrich August Wolf. Os analistas defenden a intervención de varias mans distintas na elaboración de cada un dos poemas homéricos, que ademais serían produto da recompilación de pequenas composicións populares preexistentes.

Posteriormente, unha escola denominada neoanalítica interpretou os poemas homéricos como resultado da obra dun poeta á vez recopilador e creador.[22]

Fronte a eles áchase un punto de vista unitario que sostén que cada un dos poemas homéricos ten unha concepción global e unha inspiración creativa que impide que poidan ser resultado dunha compilación de poemas menores.[23]

Doutra banda, o investigador clásico Richmond Lattimore[24] escribiu un ensaio titulado Homero: Quen era ela? (Homer: Who Was She?). Samuel Butler era máis específico, e consideraba que unha nova muller siciliana sería a autora da Odisea — pero non da Ilíada —, idea coa que especularía Robert Graves na súa novela Homer's Daughter (A filla de Homero).[25]

Modo en que foron elaborados os poemas

[editar | editar a fonte]

é obxecto de debate o modo no que os poemas homéricos foron elaborados e cando poderían tomar unha forma escrita fixa.

A maioría dos clasicistas está de acordo en que, independentemente de que houbese un Homero individual ou non, os poemas homéricos son o produto dunha tradición oral transmitida durante varias xeracións, que era a herdanza colectiva de moitos cantantes-poetas, aoidoi.[n. 3] Unha análise da estrutura e o vocabulario de ambas as obras mostra que os poemas conte?en frases repetidas regularmente, incluíndo a repetición de versos completos. Milman Parry e Albert Lord sinalaron que unha tradición oral tan elaborada, allea ás culturas literarias actuais, é típica da poesía épica nunha cultura exclusivamente oral. Parry afirmou que os anacos de linguaxe repetitiva foron herdados polo cantante-poeta dos seus predecesores e eran útiles para o poeta ao compo?er. Parry chamou ?fórmulas? a estes anacos de linguaxe repetitivo.

Con todo, hai unha serie de investigadores (Wolfgang Schadewaldt, Vicenzo di Benedetto,[26] Keith Stanley, Wolfgang Kullmann) que defende que os poemas homéricos foron orixinalmente redactados por escrito. Como argumentos sinalan a complexidade da estrutura destes poemas, os reenvíos internos a pasaxes que se atopan situados a considerable distancia[27] e a creatividade no uso das fórmulas.[28]

A solución proposta por algúns autores como Albert Lord e posteriormente por Minna Skafte Jensen[29] é a ?hipótese da transcrición?, na que un ?Homero? iletrado dita o seu poema a un escriba no século VI a.C. ou antes.[30] Homeristas máis radicais, como Gregory Nagy, soste?en que un texto canónico dos poemas homéricos como ?escritura? non existiu ata o período helenístico.

Xeografía homérica

[editar | editar a fonte]
A Grecia Homérica.

Homero concibía un mundo que estaba completamente rodeado por Océano, o cal era considerado pai de todos os ríos, mares, fontes e pozos.[31]

O estudo das mencións xeográficas na Ilíada desvela que o autor co?ecía detalles moi precisos da actual costa turca e, en particular, de Samotracia e do río Caístro, preto de éfeso. En cambio, as referencias á península grega, con excepción da pormenorizada enumeración de lugares do Catálogo de naves, son escasas e ambiguas. Todo isto indicaría que, de ser Homero unha persoa concreta, trataríase dun autor grego natural da zona occidental de Asia Menor ou dalgunha das illas próximas a ela.

O citado Catálogo de naves, que é a enumeración dos exércitos da coalición aquea, recolle un total de 178 nomees de lugar agrupados en 29 continxentes distintos. Trátase dun catálogo do que moitos nomes de lugares xa non podían ser reco?ecidos polos xeógrafos gregos posteriores a Homero, pero no que non se puido demostrar ningunha localización errónea.[32]

Na Odisea, Homero menciona unha serie de lugares na parte que trata das aventuras mari?as de Odiseo dos que a maioría dos historiadores sostén que se trata de lugares puramente fabulosos, a pesar de que a tradición posterior tratou de atopar localizacións precisas deles. Na Biblioteca mitolóxica de Apolodoro, sinálase que:

Odiseo, segundo din algúns, vagou errante por Libia, segundo outros por Sicilia e, segundo o resto, polo Océano ou polo mar Tirreno.

Outro aspecto controvertido da xeografía homérica foi a localización da illa de ítaca, patria de Odiseo, posto que algunhas das descricións dela que aparecen na Odisea non parecen corresponderse coa illa da ítaca actual.

Aspectos históricos dos poemas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Troia.

Trazos da sociedade descritos por Homero

[editar | editar a fonte]
Mapa de situación e plano do sitio arqueolóxico de Hissarlik, considerado como a localización da Troia homérica.

Homero describe unha sociedade baseada no caudillismo; trátase dunha sociedade guerreira na que cada rexión ti?a unha autoridade suprema que habitualmente era hereditaria. Cada caudillo ti?a un séquito persoal formado por persoas que gardaban un alto grao de lealdade. Gozaban dunha serie de privilexios: as mellores partes na distribución de botíns e a propiedade dun dominio. Ti?an unha única esposa, pero podían ter numerosas concubinas, aínda que hai un caso no que Homero presenta unha situación de poligamia: a do rei troyano Príamo. As decisións políticas eran discutidas nun consello formado polo caudillo e os xefes locais e logo eran comunicadas na asemblea do pobo. Os caudillos tamén ti?an a función de presidir os sacrificios ofrecidos aos deuses.

Homero describe un tribunal de xustiza que xulgaba os delitos, aínda que ás veces as familias dos implicados podían chegar a un acordo privado que servise como compensación polo delito cometido, mesmo en caso de homicidio.

Nas relacións exteriores era importante a hospitalidade, que era unha relación na que os caudillos estaban obrigados a ofrecerse mutuamente aloxamento e axuda cando un deles ou un embaixador seu viaxase ao territorio do outro.

Entre os homes libres citados atópanse os thètes ou servos, que eran traballadores libres cuxa supervivencia dependía dun escaso salario. Tamén se nomean os demiurgos, que eran profesionais que ti?an unha función pública, tales como artesáns, heraldos, adivinos, médicos e aedos.

A escravitude tamén era práctica aceptada na sociedade descrita por Homero. Os escravos adoitaban tomarse entre prisioneiros de guerra, ou ben en expedicións de pillaxe. Cítanse exemplos de compravenda de escravos e de persoas que xa naceran sendo escravas. Os amos ás veces recompensaban aos seus escravos concedéndolles terras ou unha casa. Cítase a posibilidade de que unha escrava puidese acabar converténdose na lexítima esposa do seu se?or.

En canto aos valores éticos descritos, inclúense o honrar debidamente aos deuses, respectar a mulleres, anciáns, esmoleiros e suplicantes estranxeiros e non deshonrar o cadáver dun inimigo morto. A incineración é o uso funerario que aparece nos poemas homéricos.

A relixión era politeísta. Os deuses ti?an características antropomórficas e decidían o destino dos mortais. Realizábanse numerosos ritos tales como sacrificios e pregarias para tratar de conseguir a súa axuda e a súa protección.

Aínda que se co?ecía o ferro, as armas, na súa maior parte, eran de bronce. Homero describe tamén o uso do carro de guerra como medio de transporte empregado polos caudillos durante as batallas.[33]

Controversia sobre os aspectos históricos descritos

[editar | editar a fonte]

Desde o século VI a.C., Hecateo de Mileto e outros pensadores debateron achega do transfondo histórico dos poemas cantados por Homero. Os comentarios escritos sobre eles no período helenístico exploraron as inconsistencias textuais dos poemas.

As escavacións realizadas por Heinrich Schliemann a finais do século XIX, así como o estudo de documentos dos arquivos reais do imperio hitita comezaron a convencer aos investigadores de que podía haber un fundamento histórico na guerra de Troia. Con todo, aínda que a identidade de Troia como escenario histórico conta co acordo da maioría dos investigadores, non se puido demostrar que se emprendese contra a cidade unha expedición de guerra comandada por atacantes micénicos.

A investigación (encabezada polos antes mencionados Parry e Lord) das épicas orais nos idiomas croata, montenegrino, bosníaco, serbio e en linguas turcas demostrou que longos poemas podían ser preservados con consistencia por culturas orais ata que alguén se tomase a molestia de po?elos por escrito. O desciframento do lineal B nos anos 50 por Michael Ventris e outros constatou unha continuidade lingüística entre a lingua notada pola escritura micénica do século XIII e a lingua dos poemas atribuídos a Homero.

Por outra banda, a cuestión de saber a que época histórica pódense referir os testemu?os de Homero e en que medida poden ser usados como fontes históricas constituíu o obxecto dun longo debate, que se atopa lonxe de concluír. Algúns estudosos como John Chadwick sosti?an que a Grecia descrita por Homero non se parecía nin á da súa época nin á dos catro séculos anteriores, mentres que Luigia Achillea Stella[34] sinala que hai un importante legado micénico nos poemas homéricos. Joachim Latacz insiste en que o Catálogo de naves do canto II da Ilíada recolle a situación da época do século XIII a.C., é dicir, da civilización micénica.

En cambio, Moses I. Finley alega que o descrito por Homero non era nin o mundo micénico nin a súa propia época, senón a Idade Escura dos séculos X e IX a.C., en todo caso unha época anterior ao desenvolvemento das polis no século VIII a.C..[35]

Os descubrimentos arqueolóxicos achegaron certos elementos desaparecidos coa caída da devandita civilización, pero cuxo recordo (topónimos, obxectos, costumes etc.) gardou Homero. De gran insignificancia, comparado co que Homero esquece dicir do mundo micénico no ámbito das institucións e dos acontecementos, aínda que os poemas homéricos pretendan ser unha descrición dese mundo desaparecido.[36]

Doutra banda, segundo os datos achegados polas taboas micénicas en lineal B, dáse concordancia entre moitas das armas nomeadas nos poemas homéricos e armas da época micénica. O desciframento de ditas taboas puxo de manifesto a diferenza entre o mundo micénico e a sociedade homérica. Os palacios micénicos, coa súa minuciosa burocracia, eran moi diferentes do dos reis homéricos, que te?en unha organización moito menos complexa e nos que non se dá a escritura.[37]

Homero só alude nunha ocasión aos dorios e non nomea a migración grega a Asia Menor durante a Idade Escura.

O anterior foi esquematizado por Michel Austin e Pierre #Vidal-Naquet, afirmando que

existen tres niveis históricos en Homero: o mundo micénico que o poeta trata de evocar, a Idade Escura e a época na que viviu; e non sempre resultará fácil distinguir con claridade o que pertence a un ou a outro nivel.[38]

Lingua homérica

[editar | editar a fonte]
Homero, por Philippe-Laurent Roland, Museo do Louvre.

Chámase lingua ou dialecto homérico á variante da lingua grega utilizada na Ilíada e na Odisea, adoptada en certa medida na traxedia e na lírica grega posterior. é unha linguaxe unicamente literaria, arcaico xa no éculo VII a.C., e máis aínda no éculo VI a.C.. Tal artificialidade axustábase a unha proposta fundamental da epopea, é dicir, a dunha ruptura co cotián. Moito despois de morto Homero, os autores gregos aínda se valían dos ?homerismos? para darlles ás súas obras un aire de grandeza.

As razóns da utilización desta lingua obedecen a motivos sociais, xa que estas obras serían dirixidas en principio a un público aristocrático e culto, e a motivos de estilo, xa que o verso hexámetro dactílico con que se compu?an os poemas épicos era moi ríxido e necesitábanse variantes da mesma palabra que coubesen nas diferentes partes do verso. ás veces a métrica do hexámetro dactílico permite atopar tanto a forma inicial como explicar certos xiros. Por exemplo, é o caso da digamma (?), fonema desaparecido desde o primeiro milenio a. C., aínda que utilizado por Homero en cuestións de silabación, mesmo si non era escrito nin pronunciado. Así, no verso 108 do Canto I da Ilíada:

?σθλ?ν δ’ ο?τ? τ? πω [?]ε?πε? [?]?πο? ο?τ’ ?τ?λεσσα?

o emprego concorrente de dous xenitivos, o arcaico en -οιο e o moderno en -ου, ou mesmo dous dativos plurais (-οισι e -οι?) mostran que o aedo podía alternar á súa vontade:

a lingua homérica era unha mestura de formas de épocas diversas, que nunca foron empregadas xuntas e cuxa combinación resulta dunha liberdade puramente literaria.
ROMILLY, Jacqueline de

Máis aínda, a lingua homérica combina diferentes dialectos. Pódense descartar os aticismos, transformacións atopadas cando se plasmou o texto. Quedaron dous grandes dialectos, o xónico e o eolio, cuxas particularidades son manifestas para o lector: por exemplo, o xónico utiliza unha êta (η) alí onde o xónico-ático utiliza unha alfa longa (?), de aí os nomes ?Athéné? ou ?Héré?, en lugar dos clásicos ?Athéna ? e ?Héra?. Esta ?coexistencia irredutible? dos dous dialectos, segundo a expresión de Pierre Chantraine, pode explicarse de diversas maneiras:

  • composición en eólico, que despois pasou ao xónico
  • composición nunha rexión onde ambos os dialectos son utilizados por igual
  • libre elección do aedo, como para a mestura de formas de épocas diferentes, a miúdo por mor da métrica.

Varía o grego homérico do clásico na morfoloxía das palabras, en varias formas de declinación e flexión do nome e do verbo, e no vocabulario. A lingua homérica ten unha base de dialecto xonio, formas do dialecto eolio e doutros, formas tanto arcaicas como máis modernas, e outras novas.

Algúns exemplos de usos dialectais:

Do xonio
  • Perda total de digamma.
  • Uso de -ν eufónica.
  • Preposicións sen apocopar e uso de preposicións xonias como πρó?.
  • Terceira persoa de plural en -σαν.
  • Xenitivo ?moderno? (clásico) en -ου.
Do eolio
  1. ? En grego antigo: ?τυφλ?? ?ν?ρ, ο?κε? δ? Χ?? ?νι παιπαλο?σσ??, verso 172. O himno está datado entre mediados do século -VII e comezos do -VI
  2. A Crónica de Paros (A 28-29) sitúa o florecemento de Homero nunha data que equivale ao 905 a. C., e sitúa o de Hesíodo aproximadamente unha xeración antes.
  3. Os aoidos eran, na Antiga Grecia, artistas que cantaban epopeas acompa?ándose dun instrumento musical
  4. Alleos o tema.
Referencias
  1. IliadaVI, 146; citado por Simónides, Kirk, p. 2.
  2. Luciano de Samósata, Historia verdadeira ou Sobre a morte de Peregrino II, 20.
  3. Clímene e Temisto son exemplos da utilización de nomes de mulleres en tempos míticos e históricos.
  4. Sobreenténdese que fai referencia á cidade de Salamina de Chipre.
  5. Alceo de Mesene, Epigrama 555, recollido en antoloxía palatina
  6. é presumible que devandita estatua é a que reproduciu no relevo da Apoteose de Homero, obra do escultor Arquelao de Priene. Cf.Hitzig-Blümner, III.2, p. 749.
  7. Certame de Homero e Hesíodo, 37, segundo a tradución de Aurelio Pérez Jiménez e Alfonso Martínez Díez. Madrid: Gredos, 2000. ISBN 84-249-2462-2.
  8. Joachim Latacz. Troya e Homero, p. 212.
  9. Michael Siebler. A guerra de Troia. Mito e realidade, p. 97.
  10. Pausanias. II. p. 2.3. 
  11. Levi, Peter (1993). "Renacimientos postclásicos". En Julian Vi?uales. Grecia cuna de occidente Vol. II (en espa?ol). Folio. p. 207. ISBN 8475833594. 
  12. Heródoto: Historias II, 53.
  13. 13,0 13,1 Aulo Gelio, Noches áticas III,11.
  14. Sobre a obra A competición entre Homero e Hesíodo, en inglés; facsímile da ed. de 1914 de H.G. Evelyn-White, no sitio del Internet Archive.
  15. Alfred Heubeck (1914-1987): filólogo clásico alemán.
  16. Véxase ?Cícones?.
  17. Andrew Dalby (n. 1947; membro do Chartered Institute of Linguists; lingüista, tradutor e historiador británico): A reinvención de Homero, pp. 187-189.
  18. Flavio Josefo: Contra Apión, 1, 12.
  19. Reinhold Merkelbach (1918-2006): filólogo clásico alemán.
  20. López Eire, Antonio (2005). "Introducción". Odisea (36.a ed.). Madrid: Espasa. pp. 14–15. ISBN 84-239-1870-X. 
  21. Fran?ois Hédelin (1604 - 1676), abbé d'Aubignac: dramaturgo francés, teórico del teatro.
  22. Luis García Iglesias: Los orígenes del pueblo griego, pág. 245.
  23. Antonio López Eire: Introducción a la Odisea. Editorial Espasa-Calpe. ISBN 84-239-1870-X.
  24. Richmond Lattimore (1906-1984): poeta e clasicista estadounidense, tradutor da Ilíada e a Odisea.
  25. Homer's Daughter. Londres: Cassell, 1955; Nova York: Doubleday Seven Stories Press, 2017.
  26. Vicenzo di Benedetto (1934-2013): filólogo clásico italiano.
  27. Véxanse ?Prolepsis?, ?Analepsis? e ?Racconto?.
  28. Juan Signes Codo?er: Escritura y literatura en la Grecia arcaica, páx. 143.
  29. Minna Skafte Jensen (n. 1937): clasicista danesa.
  30. Juan Signes Codo?er: Escritura y literatura en la Grecia arcaica, pp. 165-166.
  31. Ilíada, XIV, 200; XVIII, 606; XXI, 196.
  32. Joachim Latacz: Troya y Homero, página 303. Barcelona, 2003; E. Visser: Homers Katalog der Schiffe, Stuttgart/Leipzig 1997
    • Edzard Visser (n. 1954): filólogo clásico alemán.
  33. Greenhalg, P A L. Early Greek warfare; horsemen and chariots in the Homeric and Archaic Ages. Cambridge University Press, 1973. (ISBN 9780521200561).
  34. Luigia Achillea Stella (1904-1998): filóloga italiana.
  35. Finley, Moses I. (1980). El mundo de Odiseo. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica. p. 46. ISBN 84-7509-395-7. 
  36. AUSTIN, Michel; VIDAL-NIQUET, Pierre (1986 [1.a ed.]). Economía y sociedad en la antigua Grecia. Buenos Aires: Paidós Ibérica. p. 46. ISBN 84-7509-395-7. 
  37. Vidal-Naquet, Pierre: Homére et le monde mycénien, á propos d'un livre et d'une polémique ancienne (Homero y el mundo micénico, en torno a un libro y a una vieja polémica), Annales, 18, París, 1963, pp. 703-719.
  38. AUSTIN, Michel; VIDAL-NIQUET, Pierre (1986 [1.a ed.]). Economía y sociedad en la antigua Grecia. Buenos Aires:Paidós Ibérica. p. 47. ISBN 84-7509-395-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alsina, José (1991). Teoría literaria griega. Madrid:Gredos. ISBN 84-249-1457-0. 
  • Carlier, Pierre (2005). Homero. Madrid: Ediciones Akal S.A. ISBN 978-84-460-2151-3. 
  • Crespo, Emilio (1982). Ilíada. Madrid:Gredos. ISBN 84-249-1446-5. 
  • Dalby, Andrew (2008). La reinvención de Homero. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-3574-0. 
  • García Gual, Carlos (2004). La Odisea. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-7750-7. 
  • Latacz, Joachim (2003). Troya y Homero. Barcelona: Ediciones Destino. 
  • Pomeroy, Sarah B. & Stanley M. Burstein, Walter Donlan y Jennifer Tolbert Roberts (2001). La Antigua Grecia. Barcelona: Crítica. ISBN 84-8432-302-1. 
  • Rodríguez Adrados, Francisco & Fernández-Galiano, Manuel & Gil, Luis & Lasso de la Vega, J. S. (1984). Introducción a Homero. Madrid: Labor Editorial. 
  • Ruipérez Sánchez (1965). Nueva Antología de la "Ilíada" y la "Odisea". Madrid: CSIC (reeditado en Ediciones Clásicas). 
  • Signes Codo?er, Juan (2004). Escritura y literatura en la Grecia arcaica. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 84-460-1748-2. 
  • Wernher, Gretel & Páramo, Jorge (1995). Micenas y Homero (A propósito de Ilíada XV 187-193). Santafé de Bogotá: Instituto Caro y Cuervo. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
超导是什么意思 蟒袍是什么人穿的 卡粉是什么意思 这个字念什么 2026年是什么命
人的五官指什么 喉咙痛看什么科 什么发型好看 oba是什么意思 肠胃不好吃什么好
什么是历史虚无主义 为什么天上会下雨 boy是什么牌子 三什么一什么 龙虾和什么不能一起吃
木字旁的有什么字 i是什么 水满则溢月盈则亏是什么意思 im是什么 肚脐上面是什么部位
脂溢性皮炎用什么药膏ff14chat.com 血吸虫是什么动物zhongyiyatai.com 吃什么水果对嗓子好hcv9jop8ns2r.cn 白果是什么gangsutong.com 血糖高做什么运动好hcv8jop0ns9r.cn
小孩子手脚脱皮是什么原因hcv7jop9ns4r.cn ft是什么单位hcv8jop6ns3r.cn 植物园有什么植物shenchushe.com 手机充电发烫是什么原因hcv8jop6ns3r.cn 大姨妈很多血块是什么原因hcv9jop1ns9r.cn
肾上腺增生是什么意思hcv9jop2ns6r.cn 嗓子痒咳嗽是什么原因hcv8jop7ns6r.cn 彪马属于什么档次hcv8jop7ns4r.cn 黄芪不适合什么人吃hcv8jop1ns1r.cn 脾虚湿盛吃什么中成药hcv8jop5ns5r.cn
21金维他有什么作用hcv8jop4ns9r.cn 12月29号是什么星座hcv8jop3ns6r.cn 检察长是什么级别hcv8jop7ns8r.cn 翘嘴鱼是什么鱼hcv9jop0ns5r.cn 催乳素高是什么原因hcv9jop6ns4r.cn
百度