大连理工大学2017年保送生招生简章 报名时间报名条件
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: ?????? ???????????? ???????? ?????), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km2.
Desde unha perspectiva fisiográfica, Nepal pode ser dividido en tres zonas, que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste: a zona monta?osa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai. Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entra?a unha diversidade de climas e de terras.
Climas
[editar | editar a fonte]A grandes trazos hai tres variedades climáticas básicas:
- subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xu?o e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cobre o resto do ano;
- temperado na rexión central, de monta?as medianas e outeiros;
- frío e seco na rexión das altas monta?as do Himalaia.
Soamente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.
Terremoto de 2015
[editar | editar a fonte]O 25 de abril de 2015 produciuse o devastador terremoto de magnitude 7,8 na escala de Richter. O terremoto rexistrouse ás 06:11 GMT, e o seu epicentro localizouse no distrito de Lamjung, a 81 quilómetros ao noroeste da capital, Katmandú, e a unha profundidade de 15 quilómetros. O número de mortos superou os 8.700 e o total de feridos foi de 20.000, sen incluír o total de desaparecidos, que ascendeu a 273 persoas, entre elas 80 estranxeiros. A maioría dos falecidos concentráronse nos distritos de Sindhupalchowk, ao norte da capital nepalesa, e no distrito administrativo de Katmandú, mentres que outras persoas morreron en Nuwakot.
O Centro Nacional de Operacións de Emerxencia de Nepal indicou que o terremoto destruíu totalmente 10.744 edificios e causou danos parciais en 14.741. As vivendas irrecuperables superan as 191.000, mentres que outras 175.000 sufriron graves danos. O Goberno considerou que se necesitarían uns 2.000 millóns de dólares para a reconstrución. O terremoto causou unha destrución xeneralizada en todo o país e cuantiosos danos materiais. Unha parte importante dos edificios máis emblemáticos e históricos do chamado Val de Katmandú, declarado Patrimonio da Humanidade, quedaron reducidos a cascallos.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía do Nepal.
Zonas
[editar | editar a fonte]![]() | |
---|---|
![]() |
Demografía
[editar | editar a fonte]Relixión
[editar | editar a fonte]Segundo o censo do ano 2001, o 80,6 % dos habitantes do Nepal son hinduístas. Os budistas constitúen o 10,7 %, os musulmáns o 4,2 % e outras relixións o 3,5 %, tamén existen minorías de ateos e cristiáns.
Linguas
[editar | editar a fonte]Segundo o censo do 2001, fálanse 92 linguas no Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), maithili (12%), bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.

- Nepal
-
Katmandú
-
Pashupatinath
-
Bhaktapur
-
Changu Narayan
-
Patan
-
Himalaya
-
Himalaya
-
Mustang
-
Mustang
-
Kali Gandaki
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:??Nepal ![]() |